sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Antes de marchar de vacacións falamos do día do libro xa que nos pillaría en plenas vacacións de Semana Santa. Todo o colexio participou na elaboración dun libro xigante, e nós tamén, pero diso xa falaremos cando voltemos o próximo martes. Outra actividade que nos gustou moito foi cando dous compañeiros de primaria viñeron a lernos un conto a nosa clase: " Fonchito y la luna" de Mario Vargas Llosa.



MÁS COSAS SOBRE LAS ABEJAS


jueves, 7 de abril de 2011

CONTIDOS QUE TRABALLAREMOS NO MES DE ABRIL

Este mes comezaremos a traballar nos seguintes contidos:
- Cor azul
- Lonxitude: máis longo/ máis curto
- Tempo: hoxe, onte e mañá
- O número 6
- Os ordinais 1º, 2º e 3º
- Iniciación á suma
- Cadros de dobre entrada
- Orientación espacial: ao redor
- Medios de comunicación: individuais e colectivos e profesións asociadas
- O ordenador e o correo electrónico
- A primavera
- Día do libro e día da nai
- Grafomotricidade: trazos en bucle
- Discriminación auditiva de sons de medios de comunicación
- Obradoiros de plástica
En canto á lectoescritura traballaremos o "L" e seguiremos co P e as vogais e comezamos a escribir palabras na pauta que conteñen estas letras.