domingo, 15 de mayo de 2011

NOVAS DA NOSA AULA

Esta semana inauguramos unha nova rutina "As novas da nosa aula". Aproveitando que falamos dos medios de comunicación e vimos como é un xornal  pareceume unha boa idea que se convertiran eles tamén en pequenos xornalistas e traballar a lectoescritura dunha maneira diferente. Cada día o encargado debe contarnos unha nova e escribila nun papeliño que colgaremos no noso tablón de anuncios particular. Calquera cousiña que conten é válida, o importante é escribila. Entre todos contamos as palabras que ten a frase, palmeamos as sílabas e despois eles escriben. Despois de ver os resultados, podo dicir que se atopan na fase silábica (para que o entendades mellor: escriben unha letra por cada sílaba, habitualmente as vogais, e van introducindo as outras letras) pero eles mesmos se dan conta de que hai algúns sons que oen pero non escriben, é fantástico ver como van aprendendo.(Poñeremos máis fotos porque nestas non se aprecia ben)


No hay comentarios:

Publicar un comentario